Tenreiro_95autorretrato.jpg

Antonio Tenreiro (1923-2006)

27 xullo 2012 - 13 xaneiro 2013 (*prorrogada)
-
Sala de exposicións temporais
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Autores:
VV.AA.
Comisario:
Pedro Vasco
Patrocinado:
Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universit
Catálogo:
Si

Antonio
Tenreiro
(1923-2006)

Exposición monográfica

27 de xullo – 25 de novembro de 2012 (*prorrogada ata o 13 de xaneiro de 2013)

  
Percorrido pola obra pictórica do coruñés Antonio Tenreiro Brochón (A Coruña,
1923-2006), autor que formou parte da mesma xenerazón de artistas herculinos como Labra, Molezún,
Lago Rivera ou Mampaso, e que se caracterizou por unha visión poética e intimista do seu
entorno.A través de máis de duascentas obras, entre óleos, debuxos e acuarelas, móstrase a evolución artística seguindo as  distintas etapas da obra pictórica de Antonio Tenreiro: a súa etapa de formación en Madrid, na que alternou os seus estudos de arquitectura con múltiples viaxes por Europa; nos 50 ata comezos dos 70, coincidindo co seu regreso a Coruña, momento no que desenvolveu a que podería considerarse como a súa etapa máis persoal, a etapa negra, caracterizada polo uso dunha paleta escura, na gama dos marróns e negros; a década dos 70, moito máis colorista; e desde principios dos 80 ata a súa morte, na que a súa obra pasou a adquirir un ton máis poético e intimista, e na que predominaron temas como os interiores, as vistas dende a súa ventá e os bodegóns.Con esta mostra, o Museo de Belas Artes pecha o programa de exposición para o presente ano, á vez que inicia a publicación dunha serie de monografías sobre artistas galegos nas que, ademais de estudar e analizar as traxectorias artísticas e vitais de cada un dos autores, se intentará recuperar e por en valor a obra e actividade de tantos deles que hoxe resultan moi pouco coñecidos ou case que descoñecidos para o público. Desta forma, o museo convértese en espazo de investigación e debate onde sentar as bases de futuros traballos de divulgación cultural.CATÁLOGO (enlace)INVITACIÓN (pdf)NOTA DE PRENSA (pdf)