AproximAcións 2014 Paisaxe e sustentabilidade na arquitectura contempránea suíza

O museo acollerá a partir do día 18 de
setembro unha nova exposición que propón un achegamento á arquitectura Suíza,
centrada na paisaxe e no desenvolvemento sustentable, en colaboración coa
Embaixada de Suíza en España.
Elegancia, rigor,
sobriedade, e perfección técnica son algunhas das cualidades asociadas de forma
habitual á arquitectura suiza. Sin renunciar necesariamente a elas, é evidente
que a complexidade e diversidade de situacións as que se enfronta a
arquitectura contemporánea demanda novas aproximacións, novas maneiras de
avaliar a beleza e utilidade das formas.
Esta exposición
itinerante pon en relación a arquitectura Suíza con dous conceptos que van mais
alá do obxecto construído e a súa posible perfección formal e técnica. Para iso
reúne pezas procedentes de dúas mostras que chegan por primeira vez a España.
Por unha banda, “Swiss Positions: 33 takes on sustainable approaches to
building”, presenta a través de excelentes fotografías unha visión complexa da
cuestión do desenvolvemento sostible, alonxada dos tópicos da arquitectura
bioclimática, e, por outra, “The Swiss Touch in Landscape Arquitecture” que
ofrece un percorrido pola tradición, a actualidade e o futuro da arquitectura
da paisaxe no país helvético, campo de probas dalgunhas das máis interesantes
investigación recentes.
Dúas visións
complementarias, marcadas pola conciencia ecolóxica, que demostran unha vez
máis a riqueza e capacidade de innovación da arquitectura suiza, fonte
inagotable de inspiración a nivel mundial.
Con esta exposición o
Museo de Belas Artes da Coruña continúa a súa aposta por manter na súa
programación mostras dedicadas as diversas tendencias da arquitectura, neste
caso en colaboración coa Escola de Arquitectura da Coruña e a Embaixada de
Suiza en España.
Noticias nos medios de comunicación: