A AVENTURA MODERNISTA nas coleccións do Museu Nacional dArt de Catalunya
O Museo de Belas Artes presenta a mostra organizada polo Museu Nacional dArt de Catalunya coa colaboración da Obra Social de Caixa Catalunya, Tarragona i Manresa na que dá a coñecer unha selección de casi noventa pezas modernistas da colección do MNAC: pinturas, debuxos, carteis, esculturas e obras ornamentais que dan fe da singular importancia deste movemento como eixe da transformación cultural catalá a finais do s XIX e principios do século pasado.
Esta mostra pon de manifesto tanto a riqueza e o esplendor do Modernismo con artistas como Antonio Gaudí, Ramón Casas, Santiago Rusiñol, Isidro Nonell, Joaquín Mir ou os irmáns Llimona que lideraron o movemento, como a aventura que supuxo para arquitectos, pintores, escultores e deseñadores impoñer novos modelos artísticos que chocaban claramente cos gustos convencionais que imperaban na arte de fins do século XIX. Unha exhibición panorámica pola produción destes artistas entre 1891 (ano en que Rusiñol e Casas expuxeron na barcelonesa Sala Parés) ata 1911, ano en que adoita datarse o inicio do declive do Modernismo e o comezo da prevalencia en Cataluña do retorno ao clasicismo defendido por Eugenio DOrs.
VISITAS GUIADAS Á EXPOSICIÓN Rematadas o 12 de decembro de 2010