Camara_barroca.jpg

CÁMARA BARROCA

10 novembro 2011 - 27 maio 2012
-
Sala de exposicións temporais
Organiza:
Consellería de Cultura e Turismo e Museo de Belas Artes da Coruña
Autores:
Fotografías de: Vari Caramés, José Caruncho, Xurxo Lobato, Tino Martínez, Eduardo Ochoa e Xoán Piñón. Textos de: Xosé M. Buxán Bran
Comisario:
Coordinación e deseño: Fernando Agrasar
Patrocinado:
Consellería de Cultura e Turismo e Museo de Belas Artes da Coruña
Catálogo:
Si

Percorrido polo patrimonio arquitectónico e artístico do barroco galego, a través da ollada fotográfica de seis autores contemporáneos que nos amosan a súa visión da arte galega do século XVIII: os coruñeses José Caruncho, Xurxo LobatoXoán Piñón e Vari Caramés, xunto co compostelán Tino Martínez e o lucense Eduardo Ochoa.O resultado é unha demostración da convivencia entre a literatura, a fotografía e o deseño arquitectónico actual, xunto coas esculturas e a arquitectura dunha sociedade barroca antiga cuxas manifestacións artísticas seguen a configurar o noso espírito, as nosas cidades, as nosas crenzas e, por suposto, a nosa arte contemporánea actual. Así, os mosteiros de Samos, Monfero, Oseira, San Breixo de Berán, Beade ou Sobrado dous Monxes son algúns dos monumentos sobre os que estes fotógrafos galegos puxeron a súa mirada, ademais do de San Martín Pinario ou a catedral de Santiago.As tres condicións
fundamentais para a creación das composicións de Cámara Barroca foron:
manter o protagonismo das obras fotográficas expostas; achegar elementos
de interese ás intencións xerais da proposta; e, subliñar a
contemporaneiade da reflexión creativa, a través do vínculo co espírito
do barroco.Este seis artistas utilizan o reflexo como motivo central
do deseño, onde as visións devoltas polas superficies pulidas e
brillantes trazan unha complexa liña de conexión dende o barroco ata a
modernidade: do rostro da Venus velazqueña, pasando pola rúa do Gato valleinclanesca, ata o vidro e o aceiro cromado das obras de Mies van der Rohe.Tamén
se editou un catálogo coas 60 fotos realizadas polos artistas. O
catálogo prolonga a idea dos recursos gráficos sobrios, tinta prateada, e
unha portada de material reflectante sen imaxes (P.V.P.: 30.00 €)."Ademais de promover o coñecemento e a difusión como unha das recensións identitarias
máis relevantes da cultura galega, se abre o campo de traballo para
unha proposta artística actual a través da imaxe, a composición, a
forma, a cor, o movemento e tamén o discurso narrativo, a tensión
emocional, a metáfora ou o retrato cru, a sombra ou a evocación. " CÁMARA BARROCA. Roberto Varela (Conselleiro de Cultura e Turismo, Xunta de Galicia) 2010.NOTICIA DA INAUGURACIÓNNOVAS: Dado o éxito acadado pola mostra, o peche programado para o 26 de febreiro de 2012 prorrógase ata o 27 de  maio de 2012.