
CONFLUENCIAS 1975-2006. Jaime Quessada | Xaime Quesada Blanco
A mostra "Confluencias" ideouse como un diálogo entre a obra pictórica de Jaime Quessada (1937-2007) e o seu fillo, Xaime Quesada Blanco (1975-2006), propoñendo unha reflexión sobre os puntos de encontro entre ambas as dúas producións a raíz dos seus fortes vínculos afectivos e artísticos. O proxecto está comisariado pola viúva e nai dos homenaxeados, María Jesús Blanco, e por Piar Corredoira e contou coa colaboración da Fundación Xaime Quesada Blanco. Comprende 32 obras, entre pinturas e debuxos, que foron realizadas a finais da década dos 70, no caso do pai, e dende mediados dos 90, no de Xaime Quesada Blanco. O percorrido complétase cun documental realizado a partir de material audiovisual inédito e de entrevistas concedidas por cada un dos artistas.Catálogo da exposición