criado_cada_cal.jpg

FELIPE CRIADO Cadaquén que pense o que queira

13 de novembro de 2014 - 11 de xaneiro de 2015
-
Sala de exposicións temporais
Comisario:
Antón Castro
Patrocinado:
Museo de Belas Artes da Coruña
Catálogo:
Si

Esta mostra homenaxe dedicada a Felipe Criado (1928-2013) céntrase nos seus catro últimos anos, entre 2008 e 2012, mediante unha selección de obras coas que se tratará de reflectir as mitoloxías que definiron a identidade total do artista, a partir dalgunhas das súas series máis recoñecidas.Entre as obras escollidas están tres das súas máis célebres series (Santander, Pompeianas e Paraugas) que resumen, en termos estéticos, o longo e denso proxecto artístico do pintor, en tanto que glosan as recorrentes mitoloxías que marcaron a súa identidade e terminaron por definir a súa linguaxe: Muller/ Beleza/ Memoria-recordo/ Compromiso/ Ironía/ Clasicismo/ Natureza-paisaxe/ Espazo-movemento/ Debuxo/ Pintura.Nota de prensa CatálogoVisitas guiadas