mariscadoras

Hoxe toca o Prado

do 7 de marzo ao 24 de abril de 2022
-
Museo de Belas Artes da Coruña
Organiza:
Museo Nacional del Prado, Fundación ONCE, Museo de Belas Artes da Coruña
Patrocinado:
Fundación AXA
Catálogo:
Non

O Museo de Belas Artes da Coruña ofrece a exposición inclusiva “Hoxe toca o Prado”, un proxecto itinerante do Museo Nacional del Prado, co apoio da Fundación AXA e a colaboración da ONCE, coa finalidade de facer accesible a persoas con algún tipo de discapacidade visual unha selección de obras de arte.

A exposición presenta reproducións en relevo dalqunhas das pinturas más representativas do Museo Nacional del Prado. Son o Noli me tangere, de Correggio; A Gioconda, do taller de Leonardo da Vinci; A Fragua de Vulcano, de Velázquez; O cabaleiro da man no peito, de El Greco; Bodegón con alcachofas, flores e recipientes de vidro, de Van der Hamen; e A antuca, de Goya. Móstrase tamén a reprodución dunha obra do Museo de Belas Artes da Coruña: As mariscadoras, de Luís Seoane.

Unha audioguía ofrece as indicacións necesarias para facer o percorrido táctil das pezas expostas. A exposición conta así mesmo con paneis e cartelas en braille. E, polo tanto, especialmente accesible a persoas con algún tipo de discapacidade visual.

Ademais, ofrécense lentes opacas -que impiden a visión- para lles facilitar esta interesante experiencia sensorial a todos os visitantes do Museo.
 


Enlace á exposición na web do Museo del Prado: Hoy toca el Prado