2018_JOSE SUAREZ_Convite.jpg

José Suárez. Uns ollos vivos que pensan

do 13 de abril ao 15 de xullo de 2018
-
Sala de exposicións temporais
Organiza:
Xunta de Galicia. Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Museo de Belas Artes da Coruña
Comisario:
Xosé Luis Suárez Canal e Manuel Sendón
Catálogo:
Si

‘José Suárez. Uns ollos vivos que pensan’ preséntanse como a maior exposición realizada ata o momento sobre un dos grandes nomes da fotografía do século XX. A través desta mostra búscase resituar ao fotógrafo de Allariz no punto que lle corresponde na historia da fotografía de Galicia e España, expoñendo por vez primeira todas as súas series fotográficas así como obxectos persoais e documentos da época.‘José Suárez. Uns ollos vivos que pensan’ descubriranos ao fotógrafo artista, ao profesional dotado dunha forte visión humanista, ao innovador que decidiu incorporar á fotografía os movementos de vangarda europeos. Pero tamén ao intelectual admirado polos seus coetáneos, ao namorado de Xapón, ao home que trocou o éxito do exilio polo esquecemento na súa terra.Do 13 de abril de 2018, o Museo de Belas Artes da Coruña acollerá unha importante selección de fotografías e obxectos persoais, o que lle permitirá ao espectador comprender mellor a súa evolución creativa e situar a súa vida como un territorio onde atopar as claves para entender as súa imaxes. Mistúranse recordos con algúns dos seus traballos máis importantes como a serie ‘Mariñeiros’, as tomadas durante as súas dúas viaxes a Xapón, as diferentes series realizadas durante a súa estanza en América do Sur ou un dos seus últimos traballos: A Mancha.A mostra, comisariada por dous nomes de referencia no estudo da fotografía galega como son Xosé Luis Suárez Canal e Manuel Sendón, verá incrementado o seu atractivo coa expresividade das imaxes en branco e negro de José Suárez. Ademais, tras o seu paso pola Cidade da Cultura no 2015, ‘José Suárez. Uns ollos vivos que pensan’ leva viaxando a aqueles países nos que o fotógrafo de Allariz desenvolveu a súa labor profesional co obxectivo de estender o coñecemento da súa obra fóra de Galicia.A exposición fotográfica organízase cronoloxicamente en tres seccións que coinciden coas tres etapas fundamentais da súa traxectoria vital. A primeira, abrangue ata o ano 1936 cando comeza o conflicto bélico, titúlase -Anos 30-, e componse a súa vez de tres series: Por terras de Salamanca, Galicia anos 30 e Mariñeiros. A segunda sección arranca tamén en 1936 cando emprende o exilio por distintos países de América do Sur e Xapón, onde permanece entre 1953-1954 na procura dun enriquecemento espiritual. A terceira sección -Retorno- coincide co seu regreso a España en 1959 e agrupa igualmente varias series: Galicia anos 60, as series que realiza durante as súas viaxes por España: La Mancha, Mojácar, Ibiza, a serie Touros que fai por encargo en 1967,  e a serie Glyndebourne realizada durante as súas viaxes como corresponsal por Europa.