banner_PICASSO-(226x91,5).jpg

O primeiro Picasso. A Coruña 2015

do 20 de febreiro ao 24 de maio de 2015
-
Sala de exposicións temporais
Autores:
VV.AA.
Comisario:
Malén Gual
Catálogo:
Si

O primeiro Picasso. A Coruña 2015

Datas: 20 de febreiro a 24 de maio de 2015

Lugar: Museo de Belas Artes da Coruña

Organiza: Museo de Belas Artes da Coruña e Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, co Concello de A Coruña e a Fundación Emalcsa, xunto coa colaboración especial do Museu Picasso de Barcelona.

Comisaria: Malén Gual

Horario: De martes a venres de 10:00 a 20:00 h  Sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h  Domingos de 10:00 a 14:00 h  Luns e festivos: pechado 

*APERTURA ESPECIAL POR CLAUSURA    Sábado 23 de maio: de 10:00 a 22:00 horas, ininterrumpidamente    Domingo 24 de maio: de 10:00 a 14:00 horas  *APERTURA ESPECIAL FESTIVOS    20 de marzo, 2 e 3 de abril e 1 de maio:    de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 h

WEB DA EXPOSICIÓN Enlace directo á microweb da mostra con contidos específicos.

CATÁLOGO Enlace directo á información sobre o catálogo da mostra

ACTIVIDADES Visitas guiadas (*Cupo completo) Programación educativa:- Visitas guiadas para escolares divididas por niveis e acompañadas de diferentes actividades e talleres didácticos  *COMPLETO - Visitas guiadas para grupos de adultos *COMPLETO- Visitas guiadas e talleres para grupos de diversidade funcional *COMPLETO- Visitas guiadas para o público en xeral *COMPLETO Obradoiros- Picasso en familia (obradorio en familia) Concertos- Ciclo de concertos 

BIBLIOGRAFÍA Picasso na biblioteca do museo 

A EXPOSICIÓN

Video presentación. Enlace directo ao video de presentación na microweb da mostra.

Video Making OfEnlace directo ao video na microweb da mostra.

Contido

A exposición O primeiro Picasso. A Coruña 2015 ofrécenos unha análise pormenorizada dunha etapa senlleira na súa formación. Resulta imprescincible estudar con detalle as experiencias e ensinanzas colleitadas neses anos cruciais para poder comprender dun xeito máis profundo a repercusión que tivo a súa obra. Non obstante, a relación de Picasso coa Coruña é un dos períodos máis descoñecidos, e aínda non foi obxecto dunha exposición en exclusiva. As obras nunca se amosaron ao público dunha maneira illada, senón integradas dentro da súa etapa de xuventude, compartindo protagonismo coa produción levada a cabo en Málaga ou Barcelona.  Polo tanto, esta supón unha extraordinaria oportunidade para comprender a súa repercusión e descubrir con detalle os seus recantos máis agochados.Os primeiros óleos, debuxos ou simples bosquexos serán o fío condutor para ir coñecendo mellor as peculiaridades da súa etapa coruñesa. Ademais, todo iso verase complementado con outras obras e material diverso, para así favorecer unha visión panorámica das súas vivencias, estudos académicos e influencias. Polo tanto, serán catro os grandes eixos artísticos a través dos cales se artellará a mostra:- Obra de Picasso na Coruña, desde a súa chegada en outubro de 1891 ata a súa marcha en abril de 1895. A súa produción abrangue tanto os pequenos apuntamentos de carácter anecdótico como aqueles óleos cos que obtivo maior recoñecemento.- Obra de Picasso posterior ao seu paso pola Coruña, que garda relación coa súa estancia en Galicia. Algunhas obras dos anos 40 e 50 utilizaranse como referente para ilustrar como Picasso recupera certos temas xa tratados no seu período de formación.- Diversos obxectos que pretenden recrear e ambientar a realidade social e política coruñesa de finais do século XIX, a través de postais, fotografías, carteis ou xornais, e incluso elementos vencellados coa formación de Picasso naqueles anos, como modelos de xeso ou documentos da antiga Escola Provincial de Belas Artes.- Obra de pintores galegos contemporáneos, que supuxeron unha referencia para el durante aqueles anos. As ensinanzas dos seus mestres, como Isidoro Brocos, Román Navarro ou do seu propio pai José Ruiz, e o estilo desenvolvido por cada un deles, aparecerán dalgún xeito implícitas nas creacións picassianas.Unha das grandes aportacións da exposición é a gran cantidade de obra do artista, que se puido xuntar, pertencente á etapa coruñesa. Un logro que marca a diferenza en relación a outros intentos por analizar este período formativo do pintor. Para organizar toda esta produción, vanse establecer oito grandes áreas temáticas, co fin de establecer unha estrutura e unha secuencia da obra de Picasso:

- As caricaturas: En 1894 Picasso xa amosa unha clara inclinación cara este modo de representar a realidade, sen dúbida motivada pola gran diversidade de ilustracións deste tipo que puido ter observado en publicacións do século XIX. Son abondosos os pequenos deseños e anotacións marxinais nos que caricaturiza a personaxes da época como Sagasta ou Martínez Campos, ao igual que os apuntamentos propios de escolares de moi variada índole ou debuxos burlescos.

- O debuxo académico: Os mellores exemplos de láminas realizadas por Picasso na Escola Provincial de Belas Artes aparecen recollidas na exposición. O método de aprendizaxe impartido polos seus profesores establecía unha serie de pautas para ir dominando a técnica pictórica. A través dos seus debuxos académicos podemos analizar como Picasso foi adquirindo diferentes destrezas ao longo da súa formación.

- O bestiario: Os touros, cabalos ou pombas serán un motivo ineludible tanto na etapa malagueña, como na súa traxectoria posterior, e o período coruñés non será unha excepción. A súa principal fonte de inspiración será a observación directa do natural nos seus habituais paseos pola cidade, xunto coa influencia dos seus mestres e outros artistas contemporáneos.

- Os xornais: O xermolo do Picasso escritor comeza a xestarse na Coruña. Por medio de pequenos xornais ilustrados (La Coruña e Azul y Blanco), ía recreando o ambiente e os acontecementos da cidade, sempre acompañando a imaxe de constantes observacións personais. Para eles, toma como modelo os semanarios máis populares daquela época, como o prestixioso Blanco y Negro.

- A paisaxe, un xénero que vai xurdindo de xeito intermitente ao longo da súa traxectoria artística, supón na Coruña unha temática fundamental. Nas súas vistas da cidade apreciamos un Picasso que asume as directrices académicas impartidas polos seus mestres; e ao mesmo tempo, é capaz de dotar de certa espontaneidade á súa produción, grazas aos apuntamentos tomados do natural, tentando reflectir de maneira sinxela o mundo circundante.

- Os álbumes: Do su paso pola Coruña consérvanse dous álbumes de debuxos, datados en 1894, onde predominan paisaxes, retratos e motivos diversos. Son cadernos de pequeas dimensións que podía levar sempre consigo e plasmar naquel preciso momento todo o que consideraba interesante. Neles, amosa unha gran rapidez de execución e capacidade de simplificación, captando a cerna das situacións cotiás.

- O retrato, un tema do que Picasso obterá un gran rendemento na etapa coruñesa. A partir de 1894 leva a cabo un exhaustivo exercicio retratista, tanto da súa familia como das xentes da cidade. Aquí, manifesta os avances experimentados nesta disciplina durante a súa formación académica. Boa mostra da súa destreza para o retrato son os estudos que realiza a partir dun ancián barbudo, que aparece baixo diversas caracterizacións, ou  La niña de los pies descalzos, considerada a obra mestra deste período.

- O costumismo: A recreación costumista de Picasso durante estes anos abrangue practicamente todos os eidos da creación, desde os xornais, as carticaturas, ata as súas primeiras pinturas ao óleo. A través da mirada inocente, e á vez escrutadora dun neno, podemos caracterizar á perfección a vida cotiá da ciudad, os diferentes tipos populares e a súa realidade social. Os cadros fetiche da etapa coruñesa acompañarano alá onde vaia, como La niña de los pies descalzos, ou o retrato do Doutor Ramón Pérez Costales, que estiveron expostos nas casas que foi habitando ao longo da súa vida. Sempre lembrará con nostalxia e agarimo aquela cidade, lugar de nacemento dos seus alicerces estéticos.

FICHA TÉCNICA

Obxectos expostos:- Obras de Picasso. Entre os obxetos que conforman a exposición destacan as obras realizadas polo neno Picasso nestes anos de formación, entre as que se inclúen os seus primeiros óleos, debuxos a lapis ou tinta e ilustracións ou anotacións de diversa natureza.- Obras de pintores galegos contemporáneos á estancia de Picasso na Coruña, e outros artistas que exerceron influencia na súa produción.- Diversos obxectos do século XIX, que gardan relación coa obra realizada por Picasso en Galicia e documentan ese período: Fotografías, carteis, revistas e postais da época, os modelos en xeso e o expediente académico do alumno na antiga Escola Provincial de Belas Artes da Coruña, libros...PRocedencia das obras:A exposición foi posible grazas á inestimable cesión de pezas tanto por parte dos descendentes do artista como das principais institucións picassianas, destacando a importante colaboración do Museu Picasso de Barcelona coa aportación de 35 obras da etapa coruñesa, así como do Musée National Picasso de París, con pezas senlleiras como la Muchacha de los pies descalzos; ademais do Musée Picasso Antibes, Musée Goupil de Burdeos, Museo Picasso de Málaga, Fundación Picasso- Museo Casa Natal de Málaga, Museo Picasso- Colección Eugenio Arias da Comunidad de Madrid. Tamén hai obra cedida por destacadas institucións e museos de ámbito nacional e internacional, e de diferentes coleccións privadas.

PRENSA Contacto de prensa: mu.belas.artes.difusion@xunta.es

Museo de Belas Artes da Coruña Zalaeta, 215002 A CoruñaTeléfono: 881 881 700Fax: 881 881 701Email: mu.belas.artes.coruna@xunta.esWeb: http://museobelasartescoruna.xunta.es

Aviso: Calquera utilización das imaxes de obras que forman parte do presente dossier de prensa con motivo da exposición “O Primeiro Picasso. A Coruña 2015” deberá ser informada con carácter previo a Visual Entidad de Gestión de Artistas Plásticos (VEGAP), á cal deberá dirixirse a pertinente solicitude de autorización de dereitos de autor (VEGAP. C/ Núñez de Balboa, 25, 28001 Madrid, teléfono 91 532 66 32, fax 91 531 53 98, cdelvalle@vegap.es) O primeiro Picasso: A Coruña 2015