
Pinceladas de realidade. Amalia Avia, María Moreno e Isabel Quintanilla
Pinceladas de realidadeAmalia Avia, María Moreno e Isabel QuintanillaEste proxecto presenta a obra de tres destacadas artistas do realismo contemporáneo español (Amalia Avia, María Moreno e Isabel Quintanilla) pertencentes á primeira xeración de mulleres profesionais da pintura no noso país. É a súa unha pintura evocadora e próxima, a través da que dignifican o obxecto sinxelo, elevando a obra de arte a realidade cotidiana. Cada unha aporta unha visión particular do realismo: desde o matiz expresionista de Amalia, ás insinuacións impresionistas de María, pasando pola nítida realidade de Maribel, constituíndo así tres sensibilidades, tres miradas distintas e complementarias, tres formas de camiñar e un camiño común: a realidade. O Museo de Belas Artes reúne nesta exposición unha obra que obtivo recoñecemento a nivel internacional, e que xa foi exposta en Nueva York, Hamburgo, Francfort, Baden Baden, Tokio, París e Roma, con grande éxito de público e cunha enorme repercusión entre a prensa e a crítica especializada.Catálogo