2019_banner-PINCELADAS OCULTAS.jpg

Pinceladas ocultas

Do 18 de setembro ao 15 de decembro de 2019
-
Sala 1 do museo
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Autores:
Museo de Belas Artes da Coruña
Comisario:
Museo de Belas Artes da Coruña
Catálogo:
Si

 

 

A exposición monográfica Pinceladas ocultas mostra o proceso de restauración da obra Arrepentimento de San Pedro de Francisco Collantes, pintor español de escola madrileña barroca do século XVII. Por mor dun exame radiográfico levado a cabo durante a restauración da obra revelouse a existencia dunha diferente iconografía debaixo da que se percibe a primeira ollada. Coa axuda de diversos óleos, gravados e documentación orixinal relacionada coa súa temática e contexto histórico, así como fotografías e vídeos, na mostra explícasenos o proceso de restauración ao que foi sometida a obra, así como o estudo iconográfico da mesma, tanto da representación actualmente visible como da oculta.

Grazas á colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a través da Unidade de Arqueometría RIAIDT (Rede de Infraestructuras de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico) e da Fundación Rof Codina, foi posible o descubrimento iconográfico baixo a capa visible de pintura. Este feito, xunto co labor de documentación e restauración do equipo técnico do museo, supuso o xerme deste interesante proxecto expositivo co que se mostra o resultado final mediante contidos  didácticos e ilustrativos para coñecemento e deleite de todos aqueles públicos que se acheguen a visitala.

Como apoio á explicación iconográfica do cadro e da iconografía oculta, expóñense obras traídas do Museo Nacional del Prado e da Biblioteca Nacional de España.

 

· CATÁLOGO DA EXPOSICIÓN

 

 
 
PROGRAMA DE VISITAS GUIADAS

O Museo de Belas Artes organiza visitas guiadas á exposición:

 

- Visitas libres

Datas:Sábados, a partir do 19 de outubro de 2019

Horario: ás 18:30 horas

 

- Grupos organizados:

Datas: desde o 15 de outubro ao 13 de decembro de 2019

Número de persoas: máximo 25 persoas, mínimo 15 persoas

Horario:

mañás: mércores e venres ás 11:00 horas

tardes: martes e xoves ás 18:30 horas

Solicitude: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal

 

Videos:
Video Url: