banner_SOROLLA 226x91,5 DEF.jpg

SOROLLA ÍNTIMO. Bosquexos da serie Visión de España

do 6 de outubro ao 8 de xaneiro de 2016
-
Museo de Belas Artes da Coruña
Organiza:
Generalitat Valenciana e a Fundación Bancaja coa colaboración da Hispanic Society of America e Mu
Catálogo:
Si

SOROLLA ÍNTIMO

BOSQUEXOS DA SERIE VISIÓN DE ESPAÑA

Do 6 de outubro ao 8
de xaneiro de 2016

A exposición Sorolla íntimo. Bosquexos da serie Visión de España chega ao Museo de Belas Artes da Coruña, tras mostrarse na sede da Fundación Bancaja de Valencia e nos Museos de Alicante e
Castellón. Organizada pola Generalitat Valenciana e a Fundación
Bancaja coa colaboración da Hispanic Society of America, mostra
por primeira vez ao público 32 bosquexos que Joaquín Sorolla (Valencia
1863-Cercedilla 1923) realizou como preparación para a súa obra Visión de España,
un dos traballos máis esixgentes da súa carreira e dos proxectos máis
importantes que culminou en 1919, e que estaba composto por catorce
paneis monumentais sobre as rexións de España que o artista pintou
para a biblioteca da citada institución neoiorquina.

Esta colosal creación é froito da estreitaa relación que mantiveron Joaquín Sorolla e o hispanista
norteamericano Archer M.Huntington –fundador da institución
mencionada- a raíz de visitar este último a exposición monográfica de
Sorolla en Londres en 1908.

Así, durante casi unha década -entre 1911 e 1919- Sorolla viaxou por toda a xeografía española captando in situ
la luz, as cores, os costumes, as tradicións, as festas e o
traballo das diferentes rexións recreando nos seus lenzos unha visión
fundamentalmente plástica e moi persoal de España.

O resultado de todos estes anos
de traballo foi un conxunto de debuxos e gouaches, que permite asomarse
ao propio proceso creativo e coñecer as diversas composicións
parciais que, combinadas e superpostas entre sí, serviron para
construir a complexidade e monumentalidade dos paneis finais.
Grazas a estes bosquexos e á correspondencia mantida durante o seu
percorrido por España entre Sorolla, seu amigo Pedro Gil Moreno de Mora e a esposa do pintor, quedan de manifesto as súas dúbidas, os seus cansancios e as súas reflexións sobre a descomunal empresa.Pero, xunto ao
interese artístico e monumental que os propios bosquexos lle aportan á exposición, na súa sede coruñesa a mostra cobra un sentido especial
porque se complementa co excelente lenzo, propiedade do Museo de
Belas Artes, O boieiro castelán, un dos traballos preparatorios que fixo noseu percorrido por Castilla para acometer o inmenso panel de La fiesta del pan en Castilla, o que ademais suporá unha magnífica oportunidade para poder
contextualizar a obra que se exhibe nas salas da exposición
permanente do museo; así como outros dous lenzos de tema galego que
reforzan a significación e a presencia que tivo Galicia na obra
do pintor, Gaitero gallego e Tipo de Galicia,  e que tamén foron realizados durante a súa estadía en Vilagarcía de Arousa, onde se instalou en 1915 para pintar La romería, un dos paneis encargados por Huntington.

A mostra complementarase cun programa de visitas
guiadas.