VESTIR ÉPOCAS 1860-1960. A Colección González-Moro no Museo de Belas Artes da Coruña

do 28 de outubro de 2020 ao 27 de xuño de 2021
-
Museo de Belas Artes da Coruña
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Comisario:
Fernando Agrasar Quiroga - Román Padín Otero
Catálogo:
Si
VESTIR ÉPOCAS
1860-1960
A Colección González-Moro
no Museo de Belas Artes da Coruña
 

O Museo de Belas Artes da Coruña presenta a súa primeira exposición de moda, Vestir Épocas, 1860-1960. A Colección González-Morocoa que pon en relevo o valor da costura dentro da arte.

A través dela, amósase unha importante selección de obxectos e prendas de vestir, pertencentes na súa totalidade á colección de moda e indumentaria de Ana González-Moro, dama coruñesa que ao longo da súa vida recopilou vestidos, traxes e complementos de máis de cen anos de creación e que ata agora nunca foron expostos no seu conxunto. Trátase de máis de trescentas pezas procedentes de herdanzas familiares, doacións e regalos do seu círculo de amizades, que aparecen vinculadas ás formas e gusto de vestir en Galicia nas distintas épocas que abarca o legado.

O espectador terá ocasión de adentrarse nos usos e costumes que transitaron desde mediados do século XIX ata mediados do século XX, a través dun recorrido que se extende por toda as salas do museo en diálogo coas obras da colección permanente, atendendo a súa iconografía, época e uso.

A exposición, organizada polo Museo de Belas Artes da Coruña baixo o patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, está comisariada polo arquitecto Fernando Agrasar Quiroga e o especialista en moda Román Padín Otero. Celebrouse desde o 28 de outubro de 2020 ata o 14 de marzo de 2021 nun primer momento, sendo prorrogada ata o 27 de xuño de 2021.

As vestimentas son pezas de gran beleza, prodixio técnico, singularidade museográfica e relevancia histórica, confeccionadas e pertencentes, na súa meirande parte, á vida en Galicia. Así, reflicten a moda urbana, local e cosmopolita, artesana e, a súa vez, industrializada dun mundo moderno en continuo movemento. A historia galega eleva a súa importancia desde a perspectiva do traxe e dirixe a mirada hacia unha manifestación cultural; un arte que define a nosa contemporaneidade: a moda, entendida desde o seu valor social.

O percorrido, que vai desde mediados de 1860 ata mediados de 1960, amosa a alborada da confección en serie e o traballo esencial das modistas, dos sastres e dos familiares que cosía, tecían e reparaban as vestimentas. Son obxectos e roupas que seguen a moda das épocas nas que se crearon e incorporan particularidades dos que as levaban. Son herdanzas e memoria.

Da totalidade das pezas, soamente unhas poucas foron expostas con anterioridade na exposición Con-Fío no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, e dúas na mostra Sorolla y la moda do Museo Nacional Thyssen-Bornemisza en Madrid. Con todo, a colección completa da familia González-Moro preséntase agora por primeira vez para ensalzar o seu valor de patrimonio colectivo e xerar, en cada unha das salas do museo, unha gran “conversa” entre as artes.

 

Seccións

Vestir Épocas, 1860-1960. A Colección González-Moro amosa unha importante colección de moda no seu valor artístico e social, e é a testemuña dun período de tempo vinculado á modernidade en Galicia. Está dividida en nove sección. A primeira é a chamada Wonderkammer ou Cámara das maravillas, na que preséntase unha miscelánea de pezas, desde pedrería ata complementos, que facilitan a comprensión de todo o que ven a continuación.

En primeiro lugar, nos encontramos coa sección Corpo e silueta, na que unha amplia colección de roupa interior, tanto de home como de muller, ábrese ante o espectador acompañada dun vídeo creado por Jesús Madriñán e Manu Seoane. Continuando o percorrido e, en relación coas pinturas relixiosas, preséntase Corpos celestiais, onde podemos ver, entre outros, os traxes de bautismo e comunións. Máis adiante nos atopamos con Donas de branco e cabaleiros de negro na que destacan os vestidos de noiva e os traxes de etiqueta para cabaleiros,  e, do mesmo xeito, complementa o espacio á carón dos retratos a sección Pequenas principalidadesque mostra sombreiros e outros complementos. A ropa dedicada ao loito e os uniformes ten a súa sección en Loito e uniformes. Rigor no vestir e, pola súa banda, as capas de viaxe e os traxes de paseo visten as obras de paisaxes en Roupa de visita e viaxe. Finalmente, na sala dedicada ao século XX podemos ver Flâneries e Foliesroupa de día e roupa de noite, coa que se crea un espazo tan colorista, cambiante e intenso como a arte deste século, para terminar coa sección Roupa de servicio, en diálogo coa sala de Sargadelos.

 

Actividades complementarias

O Museo de Belas Artes da Coruña programa, ademáis, toda unha serie de actividades en torno á exposición: visitas guiadas e conferencias, dirixidas ao público e atendendo tamén ás litimiacións do aforo contempladas pola situación da Covid-19.