Vida e morte no antigo Exipto. Da arte faraónica ao faro de Alexandría

Do 9 de marzo ao 11 de xuño de 2006
-
Sala de exposicións temporais do museo
Organiza:
Museo de Belas Artes
Patrocinado:
Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo. Xunta de Galicia
Catálogo:
Si

A exposición amosa unhas 300 pezas que percorren a historia da civilización exipcia (momias, papiros, relevos, estelas funerarias, sarcófagos,etc.). As obras son cedidas por coleccionistas privados españois e conta cunha reproducción de 2.20 metros de altura do Faro de Alexandría.

A mostra fai un percorrido pola historia do Exipto antigo, desde as súas orixes ata a época dos Ptolomeos, incluíndo algúns reflexos do cristianismo copto e unha colección de 17 gravados dos primeiros "exploradores" que chegaron ás terras exipcias nas campañas napoleónicas, e posteriormente, procedentes doutros países europeos.

Entre as pezas expostas hai tres sarcófagos de madeira, varias momias de animais, xoias, amuletos, elementos cosméticos, estatuas, máscaras funerarias ou relevos; ademais, proxectarase un video sobre Exipto na época de Cleopatra, realizado en coordinación co "Canal de Historia".
 

 

CATÁLOGO (agotado)

 

VISITAS PARA PÚBLICO EN XERAL
Sábados, ás 18.30 horas
Domingos, ás 12.30 horas

Marzo: días 18, 19 e 26
Abril: días 1, 2, 9, 15, 16, 23, 29 e 30
Maio: días 7, 13, 14 e 21

 

OBRADOIROS EN FAMILIA
Sábados, ás 18.30 horas

Marzo: día 25
Abril: días 8 e 22
Maio: días 6 e 20

 

Imaxes:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe: