biblioteca

Historia da biblioteca

A biblioteca do museo ten a súa orixe nunha pequena colección bibliográfica presente no antigo Museo de Bellas Artes de La Coruña, situado no edificio da Casa do Consulado da Coruña, onde compartía sede coa Real Academia de Belas Artes e coa Biblioteca do Consulado.

No ano 1986 a nova dirección do museo daría un cambio radical, acorde cunha visión moderna da museoloxía, e comenza a actualización dalgúns aspectos internos de funcionamento, entre eles a biblioteca. Neses momentos a biblioteca compoñíase de fondos bibliográficos escasos, dispersos e sen catalogar.

O 25 de agosto de 1986, data da dilixencia de apertura do primeiro libro de rexistro da biblioteca, iníciase unha meticulosa labor de rexistro de fondos.

No ano 1989 a Xunta de Galicia asume as transferencias de Cultura en materia de Arquivos, Bibliotecas e Museos, quedando por tanto o Museo, e con él a súa biblioteca, dependentes da súa xestión. Plantéxase entón a construción dunha nova sede para o Museo que garanta unhas adecuadas condicións para a conservación, estudo e difusión dos fondos.

O 12 de decembro de 1995 inaugúrase oficialmente a nova sede do Museo de Belas Artes da Coruña, que no seu interior inclúe o espazo da nova biblioteca.