
Alfonso Sucasas
Categoría:
Material textual - Publicación en papel - Libro
Edición:
1
Ano:
2018
Volumes:
1
Páxinas:
192
Edita:
Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
Idiomas:
Castelán
Galego
ISBN:
ISBN-13: 978-84-453-5292-2
Ilustracións:
cor
Encadernación:
Tapa branda
Temas:
Arte, Música
Sinopse:
Catálogo da mostra antolóxica sobre o pintor lalinense Alfonso Sucasas (Goiás, Lalín, 1940 - Ferreirós, Vila de Cruces, 2012), celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 1 de decembro de 2017 ao 1 de abril de 2018. No estudo, a través dun centenar de obras, entre óleos e debuxos, realízase un percorrido exhaustivo pola obra realizada entre o ano 1957, data á cal pertence o seu primeiro autorretrato, e o ano 2010.
A monografía inclúe un texto do comisario da mostra, Miguel Fernández-Cid, "Alfonso Sucasas, unha revisión", seguido do catálogo das obras. Complétase cunha recompilación de frases e pensamentos do artista e co texto "Oficio de pintor" de Ramiro Forte.
