Arquitecturas que falan do seu tempo (1849-2024). 23+1
O Museo de Belas Artes da Coruña presenta o catálogo da exposición “ARQUITECTURAS QUE FALAN DO SEU TEMPO (1849-2024). 23+1", mostra inaugurada o 6 de novembro de 2024 no Museo de Belas Artes da Coruña e composta por obras relacionadas con 23 académicos da Sección de Arquitectura da Academia comprendidas entre os anos 1849 ate o 2024.
O museo reúne no catálogo diversos artigos de destacados arquitectos e especialistas da arte. Comeza cunha presentación por parte da directora do museo, Ángeles Penas Truque, "Acerca do proxecto Arquitecturas que falan do seu tempo (1849-2024). 23+1". A continuación, os textos dos comisarios da mostra: Xosé Manuel Casabella López, "No 175 aniversario da creación da Real Academia Galega de Belas Artes", e Alfredo Sellier, "23 arquitectos, 1 marco, 1 contexto, 1 tempo", así como as aportacións de Alberto Fuentes Valcárcel sobre "A Coruña soñada: os casos do Mercado de Santo Agostiño e da Escola Superior de Comercio"; José Ramón Soraluce Blond que trata sobre "Os académicos e as correntes arquitectónicas en Galicia", e Ramón Yzquierdo Perrín, sobre "Os académicos historiadores da arquitectura galega".
O catálogo complétase coa relación dos 23 arquitectos académicos representados na exposición, cunha aproximación as súas biografías e ás maxes das obras destacadas de cada un deles.
Editado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, a publicación presenta o texto paralelo en galego e castelán, a encadernación en tapa blanda, ilustracións a cor e un total de 214 páxinas. Medidas: 28,5 x 24 cm.