Manuel Vilariño. After the whale
Catálogo da mostra AFTER THE WHALE. Un diálogo co museo, unha intervención do artista Manuel Vilariño nas salas do Museo de Belas Artes da Coruña. A exposición inaugurouse o 25 de maio de 2022 e prorrogouse ata o 11 de decembro de 2022.
A través dun intenso exercicio de rememoración, as obras de Vilariño preséntanse como "contrapunto" ás obras do Museo de Belas Artes da Coruña, levando a cabo unha revisión dos xéneros artísticos tradicionais coma paisaxe, retrato, nú e natureza morta. Asi mesmo, o artista interrógase sobre a natureza da fotografía e a súa presencia nun museo, revisando a hexemonía do arte occidental poñendo como contrapunto obras de arte oriental e africano, a través de música, escultura e poesía. Inclúe obras emblemáticas do artista, fotografías inéditas, haikús e poemas, obxectos e libros contextualizadores, esculturas, instalacións e vídeos que dialogan coas obras expostas no museo. Algunhas delas, de forte carga alegórica, teñen relación directa co xénero da natureza morta; outras, vincúlanse con outros xéneros da pintura como a paisaxe ou o retrato.