
Picasso branco no recordo azul. Debuxando o futuro
O Museo de Belas Artes da Coruña publica o catálogo da exposición "Picasso branco no recordo azul. Debuxando o futuro", que promoveu a Xunta de Galicia co motivo do 50º aniversario da morte de Pablo Picasso o 8 de abril de 2023, e no marco da Celebración Picasso 1973-2023 organizada conxuntamente polo Estado español e o Estado francés nos principais museos das cidades picassianas,
A exposición “Picasso branco no recordo azul. Debuxando o futuro” tivo lugar no Museo de Belas Artes da Coruña entre o 23 de marzo e o 25 de xuño de 2023. Foi comisariada por X. Antón Castro, Malén Gual Pascual e Rubén Ventureira, baixo a coordinación xeral de Angeles Penas Truque, directora do Museo de Belas Artes da Coruña, xunto co equipo técnico do museo.
Picasso iniciou a súa formación académica e asumiu a súa condición de artista na Coruña, onde viviu entre 1891 e 1895. El mesmo consideraba que a súa infancia e primeira adolescencia foran cruciais para chegar a ser o que foi. O catálogo analiza o carácter iniciático dos seus fundamentos estéticos no período coruñés e como estes trascenderon ao futuro, poñendo de manifesto as débedas que o prolífico creador ten con aquela etapa.
Estrutúrase en dez capítulos que obedecen a referencias de orde temática, conceptual ou de linguaxe: Academia e clasicismo: xénese do fauno e o home do cordeiro -- Realismos, paisaxe e etnografía -- Caricatura e nacemento da conciencia crítica -- Poéticas de autoafirmación: retrato e autorretrato -- Picasso escribe -- A arte nunca é casta. Erotismo -- Cubismos-- Grandes mestres -- Mosqueteiros -- O pintor e o seu modelo.
Artigos no catálogo:
- Unha innovadora proposta expositiva acerca do período coruñés do artista / Angeles Penas Truque.
- Picasso branco no recordo azul: debuxando o futuro / Antón Castro, Malén Gual, Rubén Ventureira.
- A lección de debuxo / Elena Pardo Antequera .
- Unha nova primeira crítica / Elena Pardo Antequera e Rubén Ventureira.
- Picasso e A Coruña. A novela do neno maravillado / Eduard Vallés .
- A Coruña: o nacemento da paisaxe / Johan Popelard.
- Caricatura e nacemento da conciencia crítica / X. Antón Castro.
- Picasso. Retratos e autorretratos. A pintura é a realidade / Aitor Quiney.
- Lembranzas coruñesas de Picasso contadas pola súa filla Maya.
- Picasso e os seus periódicos coruñeses: albores da ciencia do furto / Rubén Ventureira e Xosé Crisanto Gándara Eiroa.
- A biografía de Picasso nunca é casta / Laurence Madeline.
- Ao Faro: o cubismo e A Coruña / Pepe Karmel.
- A gaita cubista / Xosé Crisanto Gándara Eiroa.
- En diálogo coa tradición / Malén Gual.
- Pulsión creadora e parodia nas imaxes do pintor e o seu modelo / Salvador Haro González.
- A última maneira: os mosqueteiros / Reyes Jiménez.
- As idades de Picasso / Rafael Inglada.
A edición presenta o texto paralelo en galego e castelán, coa traducción en inglés ao final.
