Horarios e condicións de acceso

ACCESO E HORARIO

A biblioteca sitúase na primeira planta da parte esquerda do edificio do Museo, que conta cun acceso independente da entrada principal do Museo.

Horario de atención ao público : luns a venres de 9:30 h. a 14:30 h.

CONDICIÓNS DE ACCESO

O acceso á biblioteca é libre e gratuíto.

Poderán acceder aos fondos investigadores, especialistas e público en xeral interesados na súa temática, con solicitude previa por unha das seguintes modalidades :

Correo electrónico : mu.belas.artes.biblioteca@xunta.gal

Teléfono : 881881700

A súa chegada á biblioteca, previa acreditación da súa identidade (presentación de DNI ou equivalente),  cubrirán un breve impreso, no que se especificará a consulta ou investigación a realizar e os fondos que se desexa consultar.