Dédalo e o Minotauro

O autor

Nado en Westfalia, en 1577, Pedro Pablo Rubens foi un dos pintores europeos máis importantes de todo o século XVII. A súa obra foi moi abondosa, característica e diversa en temáticas; realizou obra relixiosa, histórica, retratística e mitolóxica.

Rubens desfrutou dun gran éxito ao longo da súa vida. A súa pintura caracterízase pola viveza das cores, polo movemento e vitalidade das súas figuras e pola grande imaxinación que mostra á hora de narrar historias a través das súas representacións.

Traballou por encargo para distintas dinastías e familias europeas. Un dos traballos máis importantes que recibiu foi por parte do monarca Felipe IV para á Torre de la Parada. Entre 1736 e 1738, Rubens e os seus aprendices traballaron incansablemente para redecorar este pavillón de caza. A Torre de la Parada fora construída no século XVI, mais nesta época someteuse a unha importante reforma arquitectónica e artística. Felipe IV chamou a algúns dos mestres máis importantes da pintura barroca e Rubens foi o encargado de deseñar máis de sesenta escenas mitolóxicas. Realizou os bosquexos en pequenas táboas de madeira que servirían para ser reproducidos a gran formato por algúns dos seus discípulos. Un deses bosquexos é este Dédalo e o Minotauro.

 

O mito

Dédalo é, na mitoloxía grega, un gran arquitecto e constructor. Durante a súa vida fixo numerosos encargos, sendo un dos máis famosos o labirinto no que o rei de Creta, Minos, encerrou ao temido minotauro, un monstro metade home metade touro.

Aínda estando preso, cada ano o minotauro devoraba catorce mozos atenienses que eran entregados en sacrificio como pago por perder a guerra contra Minos. Farto desta situación, un valente mozo chamado Teseo deciciu matar ao monstro, e para iso, contou coa axuda da princesa de Atenas, Ariadna, que estaba profundamente namorada del. Ambos lle pediron consello ao arquitecto que lles confesou o truco para que Teseo pudiera salir do labirinto unha vez matase á besta: tiña que atar un nobelo de fío á porta e ir desprazándose polo seu interior mentres este se desfacía, asi ao volver só tería que ir recolléndoo.

Cando Minos se enterou de que Dédalo lle axudara á parella, castigouno encerrándoo xunto co seu fillo Ícaro.

 

A obra

Nesta peza está representada, dun xeito nada convencional, unha escena na que vemos a figura de Dédalo e a do Minotauro. Dédalo aparece cos atributos da súa profesión: a escuadra e o compás. Rubens represéntao nunha actitude de total amizade co Minotauro, xa que o arquitecto pousa a súa man esquerda no lombo da besta. Dédalo está tratando de enganar o Minotauro, ao amosarlle a entrada á construcción onde quedará atrapado. Ponse así en evidencia a superioridade da intelixencia sobre a forza bruta. O Minotauro aparece representado coa cabeza de home e o corpo de touro, ao contrario do que era habitual.

dedalo

 

Unhas táboas moi viaxeiras

En 1710, durante a Guerra da Sucesión, a Torre de la Parada resulta saqueada e incendiada, estragándose a maior parte das súas pinturas. Nese momento pérdese a pista de Dédalo e o Minotauro e Psique; os dous bosquexos realizados por Rubens cos que conta a colección do Museo.

En 1895 Dona Elvira Arévalo Gener, coruñesa residente en Madrid, légaas como fondos á Biblioteca do Consulado da Coruña coa intención de que formen parte da colección dun futuro Museo de Belas Artes da Coruña, que naquela época comezaba a xestarse. A partir de 1946 as obras expóñense no Museo, no antigo edificio do Consulado. Alí pasaron corenta anos sendo contempladas polo público da cidade ata que, o 16 de setembro de 1985, un visitante do museo rouba os cadros e desaparece misteriosamente. Unha vez máis os cadros iniciron unha viaxe, desta volta nun percorrido que os levaou a Suecia, onde apareceu Dédalo e o Minotauro, e aos Estados Unidos, onde apareceu Psique.

Recuperáronse a tempo para ser expostas no actual Museo cando se inaugurou en 1995. Dende ese día non se moveron das instalacións do Museo de Belas Artes e agardamos que non inicien unha nova viaxe.