A barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo

Autores/as:
VV.AA.
Categoría:
Material textual - Publicación en papel - Libro
Edición:
1
Ano:
2025
Volumes:
1
Páxinas:
232
Edita:
Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Dirección Xeral de Cultura
Idiomas:
Galego
Castellano
ISBN:
978-84-453-5528-2
Colección:
Catálogo de exposición
Ilustracións:
color
Encadernación:
Tapa blanda
Temas:
Arte
Pintura
Cerámica
Sargadelos
Sinopse:

O Museo de Belas Artes da Coruña presenta o catálogo da exposición temporal “A barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo”, mostra celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 19 de xuño ao 14 de decembro de 2025, que analiza o percorrido creativo do artista, desde as artes plásticas ata o deseño industrial.

O catálogo articúlase en torno ás cinco seccións nas que se divide a mostra, coas que se pretende amosar a traxectoria vital de Isaac Díaz Pardo, desde a súa primeira etapa pictórica ata a derradeira, deseñística e industrial, pasando pola etapa de transición plástica e a do estudo e posta en práctica dos sinais que trasmite a tradición e a memoria, coa creación do Laboratorio de Formas de Galicia e os seus proxectos. 

A publicación conta cos textos de Mª Victoria Carballo Calero Ramos (escritora e crítica de arte e literatura), Juan Manuel Bonet Planes (exdirector do IVAM, do MNCARS e do Instituto Cervantes), Xosé Luis Axeitos (Académico da RAG), Ruy Farías Iglesias (Universidade de Bos Aires), Lourenzo Fernández Prieto (Universidade de Santiago de Compostela), Inmaculada Real López (Universidad Complutense de Madrid), e Antonio S. Río Vázquez (Universidade da Coruña).

Engade un artigo de Xosé Díaz Arias de Castro, comisario da mostra e fillo do artista, sobre as dúas pezas tituladas "A Barca de Caronte".

O catálogo complétase coa recopilación das obras expostas en cada unha das seccións da mostra e con imaxes da exposición.

Editado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, a publicación presenta o texto paralelo en galego e castelán, a encadernación en tapa blanda, con ilustracións a cor e un total de 232 páxinas.

Medidas: 28,5 x 24 cm    

 

Imaxes:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
Imaxe:
25.00€