O museo pode acoller, como máximo, a dúas aulas simultaneamente.
O número máximo establecido para dúas aulas é de 50 persoas (contando profesorado acompañante).
As visitas durarán 1 hora e 15 minutos. Realizaranse en dúas quendas en horario de mañá: ás 10:00 e ás 11:30 horas. Pedimos máxima puntualidade.
O profesorado acompañante do grupo será en todo momento responsable do cumprimento das normas e dinámicas. Terá que acompañar ao grupo durante toda a visita.
Ao entrar no Museo, a persoa responsable do grupo se dirixirá ao mostrador para que se tome rexistro. Mentres se realiza este trámite o grupo deberá permanecer no espazo indicado polo persoal de atención ao público.
As visitas serán dinamizadas alentando sempre a participación e o carácter lúdico da mesma.
Animamos a que, na medida do posible, non se entre ao museo con mochilas, bolsas, paraugas ou abrigos. No caso de non ser posible, estes permanecerán gardados na entrada do Museo ata o remate da visita.
Rogamos que se avise cun mínimo de 48 horas de antelación de posibles necesidades especiais.