ASK A CURATOR | 16 de setembro de 2015

#AskACurator

O Museo de Belas Artes da Coruña participa por primeira
vez  en Ask A Curator Day, unha iniciativa
en Twitter que ten como obxectivo poñer en contacto a conservadores e comisarios de
museos, galerías e salas de exposicións internacionais co público dunha maneira
máis próxima.

Este ano celébrase o 16 de setembro e durante a xornada os
usuarios de Twitter poden preguntar as súas dúbidas ou curiosidades aos
conservadores dos museos participantes: en que consiste o seu traballo, que
criterios utilizan para seleccionar as pezas dunha exposición, cal consideran a
obra máis importante dos fondos do seu museo?

Para iso débese poñer o hashtag #AskACurator e citar ao
museo ao que se dirixen para que lles poidan contestar os conservadores.

O primeiro Ask A Curator tivo lugar no ano 2010 e desde
entón vén celebrándose anualmente con gran éxito, contando cunha maior
participación de museos cada ano. Na edición 2014 participaron 520 museos de 36
países, entre eles España.

Aquí pódese ver a lista dos museos participantes este ano:

http://www.mardixon.com/wordpress/askacurator-who-to-ask/