A biblioteca do Museo de Belas Artes celebra o Día Internacional do Libro
Día Internacional do Libro
Semana de celebración na Biblioteca do Museo de Belas
Artes da Coruña
BookCrossing
no museo
Lugar: Planta
baixa do museo
Data: 22 de abril de 2016
Hora: a partires
das 12:00h do venres no horario do museo
Organiza: Biblioteca
do Museo de Belas Artes
A
biblioteca participará este venres 22 de abril e por quinto ano
consecutivo, nunha actividade de "Bookcrossing" ou Campaña de
liberación de libros preparada por 56 centros de arte e museos de toda España.
Aportaranse libros e publicacións procedentes da bolsa de duplicados,
acreditados con etiquetas que conterán as instruccións necesarias para
facilitar ao lector a súa participación na campaña e estarán rexistrados na
páxina web de BookCrossing, na que os
lectores poderán indicar os lugares onde liberarán cada exemplar unha vez
lido.
Intercambio de publicacións aberto ao público
Lugar: Biblioteca
do museo
Data: 22 -29 de abril de 2016
Hora: luns a venres
de 09:30 a 14:30 h., e sábado 23 de abril de 10:30 a 14 h.
Organiza: Biblioteca
do Museo de Belas Artes
Con esta iniciativa, habitual entre bibliotecas,
ofrécese ahora ao público en xeral a posibilidade de conseguir
exemplares dalgúns dos catálogos das exposicións e publicacións do Museo de Belas
Artes, que se poderán recoller na propia biblioteca a cambio de contribuír coa
achega doutros catálogos ou publicacións relacionadas coas áreas temáticas da
nosa biblioteca (arte, patrimonio cultural, restauración e conservación,
lexislación cultural, museoloxía, didáctica...).
Boletín do Museo de Belas Artes
da Coruña
Con motivo da recente presentación
do Boletín do Museo de Belas Artes da Coruña, incluiránse tamén nas actividades de BookCrossing e Intercambio de
publicacións exemplares do primeiro número monográfico "Arte e Emocións".
“IV Centenario da morte de Cervantes”
Lugar: Sala 4 do
Museo de Belas Artes
Data: 22 de abril de 2016 e ata fin de ano
Hora: horario de
apertura do Museo
Organiza: Biblioteca
do Museo de Belas Artes
Dentro da
programación da homenaxe do Museo de Belas Artes
da Coruña en torno á figura de Cervantes e o Quixote, a biblioteca mostra na
sala 4 do Museo unha escolma de libros de
temática cervantina pertencentes ao seu fondo bibliográfico.
Museo
de Belas Artes da Coruña. Biblioteca
Zalaeta, 2. 15002 A CoruñaT. 881 881 700mu.belas.artes.biblioteca@xunta.esSíguenos na páxina web, facebook y twitter (@MuseoBelasArtes)