BOLSA DE COLABORACIÓN | 2016-2017

12/09/2016

CONVOCATORIA

BOLSA DE COLABORACIÓN | 2016-2017

no Departamento
Didáctico do Museo de Belas Artes da Coruña

A
Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña convoca unha
bolsa para colaborar co programa didáctico e de difusión do Museo de
Belas Artes da Coruña.O obxectivo desta beca é o coñecemento e a
posta en práctica dalgúns dos labores propios do Departamento Didáctico
do museo, o que inclúe a realización de visitas guiadas a centros
escolares e asociacións, a participación na elaboración dos materiais
didácticos e os modelos de visitas axeitadas aos diferentes niveis
educativos, así como a colaboración no desenvolvemento de obradoiros e
outras actividades didácticas organizadas polo mesmo.A
actividade, que deberá levarse a cabo nas dependencias do museo, contará
co asesoramento dos titores nomeados pola Asociación de Amigos, unha
vez elixidos entre o persoal técnico do centro.A bolsa poderase renovar ata un máximo de dous anos.A
concesión da bolsa no suporá ningún tipo de relación xurídico-laboral
ou profesional entre a Asociación de Amigos do Museo, o Museo de Belas
Artes ou a Administración á que este pertence e o/a beneficiario/a da
mesma, nin outorgará a este/a ningún dereito laboral ou profesional máis
aló do alcance da bolsa.Bases da convocatoria en http://amigosmuseobbaacoruna.com Información: Asociación de Amigos do Museo de Belas ArtesC/ Zalaeta s/n 15002 A CORUÑATel.: 881 881 700 / Fax: 881 881 702

amigosmbac@gmail.com http://amigosmuseobbaacoruna.com