BookCrossing no museo

O museo libera libros con motivo do Día Internacional do Libro

A biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña participa este martes 23
de abril de 2013 nunha actividade de "Bookcrossing" ou Campaña de
liberación de libros preparada por 61 centros de arte e museos de toda España con motivo da celebración do “Día Internacional do Libro”.Todos
os libros liberados estarán acreditados con etiquetas, conterán as
instruccións necesarias para facilitar ao lector a súa participación na
campaña e estarán rexistrados na páxina web www.bookcrossing-spain.com, na que os lectores poderán indicar os lugares onde liberarán cada exemplar. O
obxetivo deste inciciativa é sumar ás bibliotecas dos museos no esforzo
para o fomento da lectura e na difusión do coñecemento das distintas
disciplinas culturales.Aquí podes ver os títulos que o Museo de Belas Artes destina a esta
iniciativa e os lugares onde se liberarán, que serán no propio museo e
noutros centros culturais da cidade.Cando recollas un, entra e rexístralo nesta páxina para que todos podamos seguir a súa pista!Fai do mundo unha biblioteca!