BookCrossing no Museo
A biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña participa este mércores 23
de abril de 2014 nunha actividade de "Bookcrossing" ou Campaña de
liberación de libros preparada por 48 centros de arte e museos de toda
España con motivo da celebración do “Día Internacional do Libro”.
Todos
os libros liberados estarán acreditados con etiquetas, conterán as
instruccións necesarias para facilitar ao lector a súa participación na
campaña e estarán rexistrados na páxina web www.bookcrossing-spain.com, na que os lectores poderán indicar os lugares onde liberarán cada exemplar. A biblioteca do Museo de Belas Artes habilitará un espazo para o Bookcrossing na entrada do museo, onde os interesados poderán consultar e recoller as publicacións aportadas para esta actividade.O
obxetivo deste inciciativa é sumar ás bibliotecas dos museos no esforzo
para o fomento da lectura e na difusión do coñecemento das distintas
disciplinas culturales.Aquí podes ver os títulos que o Museo destina a esta iniciativa: http://tiny.cc/yfqxvw Cando recollas un, entra e rexístralo nesta páxina para que todos podamos seguir a súa pista !! http://www.bookcrossing.com/ Fai do mundo unha biblioteca!