Bookcrossing no Museo

Día Internacional do Libro

BookCrossing no Museo de Belas Artes da Coruña

Lugar: Planta
baixa do museo

Data: 21 - 30 de abril de 2017

Hora: a partires
das 12:00h do venres 21 no horario de apertura do museo

Organiza: Biblioteca
do Museo de Belas Artes

A biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña participará este venres 21 de abril e por sexto ano
consecutivo, nunha actividade de
"Bookcrossing" ou Campaña de liberación de libros preparada
por 57 centros de arte e museos de toda España con motivo da celebración
do “Día Internacional do Libro 2017”.

Os centros aportarán libros e publicacións procedentes da bolsa de
duplicados das súas respectivas bibliotecas, coa intención de que aquel que os
recolla disfrute da súa lectura e volva a liberalos noutro punto distinto.
Todos os libros  estarán acreditados con etiquetas, conterán as
instruccións necesarias para facilitar ao lector a súa participación na campaña
e estarán rexistrados na páxina web  de BookCrossing, na
que os lectores poderán indicar os lugares onde liberarán  cada exemplar
unha vez lido.

A biblioteca do Museo de Belas Artes
habilitará un espazo para o Bookcrossing na entrada do museo, onde os
interesados poderán consultar e recoller as publicacións aportadas para esta
actividade.

O obxetivo desta inciciativa é sumar ás bibliotecas dos museos no esforzo
para o fomento da lectura e na difusión do coñecemento das distintas
disciplinas culturais.

Para máis información:

Museo de Belas Artes da Coruña. Biblioteca

Zalaeta, 2. 15002 A Coruña

T: 881 881 700

e-mail: mu.belas.artes.biblioteca@xunta.gal

web: http://museobelasartescoruna.xunta.gal

facebook: https://www.facebook.com/Museo-de-Belas-Artes-da-Coruña-132060186921898/

twitter: https://twitter.com/museobelasartes