Celebración do Día das Letras Galegas 2025
Este ano, o Día das Letras Galegas está dedicado ás cantareiras Adolfina e Rosa Casás (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía) e ás Pandereteiras de Mens, Manuela Lema Villar, Prudencia e Asunción Garrido Ameijende, de Malpica de Bergantiños.
Para conmemorar esta data, desde o Museo de Belas Artes da Coruña organizamos unha xornada na que a nosa música tradicional é a protagonista.
Data: Venres 16 de maio de 2025
Programación
Visita guiada pola colección do Museo
A música tradicional galega está presente en moitas das obras da colección de arte do Museo de Belas Artes da Coruña. Dúas das integrantes da Asociación Cultural “Pandeireteiras sen fronteiros” amosarán unha particular lectura destas pezas, unha visita na que arte e música conviven.
Data: 16 de maio de 2025
Horario: 18:00 horas
Non é necesaria a inscrición, pero haberá aforo limitado para garantir a seguridade nas salas
Concerto de PANSENFRON
Pandeireteiras Sen Fronteiros é un grupo de música tradicional da Galiza, feita con voz e percusións, principalmente pandeiretas.
Nace na Coruña no 2014 co obxectivo de estudar e coñecer a música tradicional galega a través da investigación e o traballo de campo, para así poder recuperar a tradición cultural da súa terra.
Deste xeito, pretenden poñer en valor e difundir este patrimonio inmaterial, así como situar a música galega no contexto das músicas de raíz.
Data: 16 de maio de 2025
Horario: 19:00 horas
Acceso libre ata completar aforo