CICLO DE CONFERENCIAS: Ramón del Valle-Inclán. Xenial, antigo, moderno.
Con motivo do 90 aniversario da morte de Ramón María del Valle-Inclán, o Museo de Belas Artes da Coruña acolle un ciclo de conferencias a cargo de personalidades relevantes do mundo das artes e da cultura.
Baixo o título Ramón del Valle-Inclán. Xenial, antigo, moderno, o ciclo pretende afondar na súa figura.
Datas: 29 de outubro, 5 de novembro, 14 de novembro, 26 de novembro, 2 de decembro e 10 de decembro de 2026.
Lugar: Salón de actos do Museo
Entrada de balde ata completar aforo
Programa
Xoves, 29 de outubro - 19:00 horas
Que é o esperpento?
Joaquín del Valle-Inclán Alsina (Investigador e biógrafo)
Xoves, 5 de novembro - 19:00 horas
A Raíña Castiza del Valle: España, como ridículo teatrillo dos monicreques
Ana Zamora (Directora de escena)
Sábado, 14 de novembro - 17:30 horas
Centenario de Tirano Banderas
Proxección de Tirano Banderas coa presenza da actriz María Galiana.
Xoves, 26 de novembro - 19:00 horas
Luces de bohemia na escena española
Eduardo Vasco (Director do Teatro Español de Madrid)
Mércores, 2 de decembro - 19:00 horas
Valle-Inclán, un faladoiro sobre o oficio teatral
Tito Asorey (Actor e director de escena) e Pablo Rivero (Actor)
Xoves, 10 de decembro - 19:00 horas
Falando de Valle con fervor
José Carlos Plaza (Director de escena)