CICLO DE CONVERSAS DO OBRADOIRO: CONTOS NO MUSEO

ciclo de conversas

Con
motivo da celebración do obradoiro Contos no museo, que ten lugar
nestas datas no Museo de Belas Artes da Coruña, organízanse uns
encontros coa escritora Yolanda Castaño e co ilustrador Xosé Cobas. Nestes coloquios, Pedro Ramos, monitor do obradoiro, entrevistará ao personaxe invitado. A continuación, os alumnos matriculados, así como todos os interesados no proceso de creación
narrativa, poderán conversar coa escritora e o ilustrador, co  fin de
enriquecer e completar a visión e o traballo que veñen desenvolvendo ao
longo do obradoiro.YOLANDA CASTAÑO: mércores 28 de
abril de 2010, ás 20:00 h. (entrada libre)XOSÉ COBAS:
mércores 26 de maio de 2010, ás 20:00 h. (entrada libre)