CONCERTO: BLAU MARMORERA
LUGAR: Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña
DATA: Xoves, 10 de outubro de 2024
HORA: 19:30h
O Museo de Belas Artes da Coruña acolle, este xoves 10 de outubro, o concerto do dúo Blau Marmorera.
Blau Marmorera é un proxecto musical de Quinito Mourelle, ao piano, e Roberto Somoza no clarinete e saxo tenor. Ademais, nesta ocasión o dúo estará tamén acompañado por Caye Mariño ao violonchelo.
A entrada é libre ata completar o aforo do Salón de actos do Museo.