CONCERTO: DO AUDIBLE 24

LUGAR: Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña
DATA: Domingo, 1 de decembro de 2024
HORA: 12:30h

O Museo de Belas Artes da Coruña acolle, este domingo 1 de decembro, un dos concertos do ciclo Do Audible 24, promovidos pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e no que colabora o grupo Vertixe Sonora, integrado por David Durán, Luis Ángel Martínez, Álvaro Sieira e Haruna Takebe.

Do Audible é un ciclo que promove o diálogo da música coa arte, a ciencia, a tecnoloxía e o pensamento contemporáneos.

PROGRAMA
Canto Ostinato, de Simeon Ten Holt (1923-2012)

 

A entrada é libre ata completar o aforo do Salón de actos do Museo.

Documentos:
Anexo Tamaño
programacion_do-audible-24.pdf 623.58 KB