Concerto nomenaxe a Canuto Berea
A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña e a Asociación Musicológica Vox nostra resonet organizan un ciclo de conferencias en torno á figura do coruñés Canuto Berea
(1836-1891), compositor, director de orquestra, comerciante musical e
sobre todo responsable da principal editorial galega na época da Belle Époque. Este ciclo conta co patrocinio da Deputación Provincial da Coruña e de Mundoclasico.com.As conferencias están a ter lugar os xoves de novembro e decembro na Biblioteca da Deputación Provincial, no edificio do Teatro Rosalía de Castro (c/ Rego de Auga 37. A Coruña) ás 20.00. Son cinco conferencias onde se estuda a figura e o labor de Canuto Berea e o seu editorial, enmarcados no ambiente cultural da Belle Époque, tanto en Galicia coma en Europa e América.Tras unha primeira parte do ciclo centrado na perspectiva galega, na cal Maruxa Baliñas falou da canción galega na Belle Époque, Benxamín Lavado o fixo sobre a vida musical na prensa coruñesa da época de Canuto Berea, e Beatriz López-Suevos se centrou na música para piano na editorial de Canuto Berea, as conferencias de decembro centraranse na perspectiva internacional.O próximo 1 de decembro, Cristina Urchueguia (profesora de Musicoloxía da Universidade de Berna) falará sobre a documentación musical na Europa da Belle Époque, e David Coifman (numerario da Academia da Historia de Venezuela) teandrá como tema a documentación e a vida musical en América durante a Belle Époque (15 de decembro).Para culminar o ciclo, o sábado 17 de decembro celebrarase un concerto no Museo de Belas Artes da Coruña ás 12 da mañá, onde Susana de Lorenzo, Beatriz López-Suevos e o Grupo Instrumental Século XX -dirixido por Florian Vlashi- interpretarán música de Gabriel Fauré, Marcial do Adaíl, André Jolivet, Jacques Ibert, Antonin Dvorák, Piotr Chaicovsqui, Paolo Tosti, José Baldomir, Enrique Lens, e José Castro Chané.
PROGRAMA
I
Gabriel FAURÉ
"Les soirées intimes"
1 Berceuse, 2 Après un rêve,
3 Dolly, 4 Sicilienne
Marcial de ADALID
"Escena cantante"
André JOLIVET
"Pastoral de Noël"
1 L¨Ëtoile,2 Les Mages,
3 La Vierge et lenfant,
4 Entré et Danse de bergers
Jacques IBERT
"Entract
GRUPO INSTRUMENTAL SIGLO XX
Florian VLASHI, violín
Rediana LUKAÇI, violonchelo
Celine LANDELLE, arpa
II
Antonín DVOŘÁK: Rusalka
P. I. CHAICOVSQUI: Net, tolko tot, op.6 nº6
Paolo TOSTI: Ideale
Gabriel FAURÉ: Les roses d’Ispahan
Marcial de ADALID: Soedades
José BALDOMIR: Maio longo
Enrique LENS: ¡A nenita!
José CASTRO (Chané): Os teus ollos
Susana DE LORENZO, soprano
Beatriz LÓPEZ-SUEVOS, piano
Susana DE LORENZO, soprano
Florian VLASHI, violín
Rediana LUKAÇI, violonchelo
Beatriz LÓPEZ-SUEVOS, piano