Conferencia: Dora Maar. Más allá de Picasso

CICLO DE CONFERENCIAS

OS LIBROS COMO PUNTO DE PARTIDA

Organiza: Asociación de Amigos do Museo

Unha selección de publicacións especializadas servirán como punto de
partida

para que as autoras e autores poidan analizar diferentes aspectos relativos

ao ámbito da arte e do pensamento.

Salón
de Actos do Museo. Entrada libre ata completar a capacidade

Martes, 17 de xuño

20:00h

Dora Maar. Más allá de Picasso. Ed. Circe. Barcelona,
2013

Victoria
Combalía
Crítica e asesora de arte

Dora Maar. Más allá de Picasso

Ed. Circe. Barcelona,
2013

Victoria
Combalía mergullouse de pleno na súa vida e o resultado é unha biografía na que
traballou nos últimos vinte anos -en 1993 mantivo cinco longas conversacións
telefónicas con Maar- na que afina moito máis o seu retrato, máis alá do clixé,
aparecendo unha muller intelixente, brillante e profesional "unha das
fotógrafas máis importantes dos anos trinta", cunha vida propia anterior á
chegada de Picasso e que viviu unha loita titánica por conseguir
"desengancharse de él" despois da súa separación.Victoria
Combalía Dexeus.
Barcelona, 1952. Dende 1974, profesora de Arte Contemporánea
na Universidade de Barcelona. Ademais das súas innumerables colaboracións en
prensa e en revistas especializadas, organizou máis de cincuenta exposicións.
Entre os seus libros destacan: Estudios sobre Picasso (1981), Antoni
Tapies
(1984), El descubrimiento de Miró (1990), Picasso-Miró.
Miradas cruzadas
(1998), Comprender el arte moderno (2003) e Amazonas
con pince
l (2006).