CONFERENCIA OXIMÓRICA
CONFERENCIA OXIMÓRICA
ARTES E POLÍTICAS DO MOVEMENTO
Javier Martín
Data: Xoves 16 de xaneiro 2025 - 19.30h
Lugar: Museo de Belas Artes da Coruña
Parlamento arredor de distintas investigacións no eido da arte, a ciencia e a filosofía do movemento que conforman o proceso de traballo do coreógrafo galego Javier Martín. A intención é comunicar diversos mapas físicos e conceptuais acerca do corpo que, extraídos da práctica, relaciónanse co performativo, a creación e a memoria. Arguméntanse os contidos postos en xogo coa palabra, o corpo e apoio multimedia (fragmentos de películas, danzas de orixe e vangarda, imáxes anatómicas…). [duración: 45 mins + debate]
Esta conferencia acompaña a estrea do novo espectáculo de Javier Martín, Beltenebros, no Teatro Colón de A Coruña o venres 24 de xaneiro:
http://www.teatrocolon.es/es/evento/beltenebros-de-javier-martin/