CONTOS NO MUSEO

Ampliación do curso

Con motivo da grande demanda de matrículas para o obradoiro de narración
"Contos no museo", estableceuse unha nova quenda para a realización do
mesmo, que terá lugar todos os xoves de entre o 22 de abril e o 8 de
xullo, en horario de 18:00 a 20:00 h.As prazas para esta nova
quenda están agotadas, pois foron ocupadas na súa totalidade polas
persoas que estaban na lista de espera. Ademais informamos que
dentro do desenvolvemento do obradoiro vanse celebrar no museo dúas
conversas cos creadores Yolanda Castaño e Xosé Cobas, que terán lugar no
salón de actos do museo os mércores 28 de abril e 26 de maio respectivamente, ás 20:00
h.