Dia da Muller, 8 de Marzo

Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Museo de Belas Artes da Coruña fai unha recopilación dos recursos relativos a mulleres na colección do Museo, tanto sobre a representación artística da muller durante a historia da arte, como sobre a muller como creadora.

Recursos sobre visitas didácticas, seleccións bibliográficas entre os fondos do catálogo da biblioteca e vídeos divulgativos centrados na figura de diversas mulleres artistas, conforman os contidos que podedes consultar aquí.

A muller no museo