DÍA E NOITE DOS MUSEOS
18 de maio de
2012
Baixo o lema "Museos nun mundo cambiante. Novos retos, novas inspiracións", o Museo de Belas Artes da Coruña participa no Día Internacional
dos Museos co anuncio da súa incorpración ao
mundo das redes sociais mediante a posta en
marcha da páxina do museo en Facebook, que os animamos a visitar ademáis da xa consolidada web do museo. Así mesmo celebrao cunha xornada de portas abertas e coa programación de visitas guiadas extraordinarias:
17:30-19:30_ Obras con historia (visitas
guiadas). Percorrido
temático destinado a todos aqueles visitantes que se acheguen ao Museo para
facer una aproximación totalmente orixinal a unha serie de obras significativas
e pertencentes a diferentes épocas e estilos, para coñecer a súa orixe,
significado e función, facendo un especial fincapé na súa historia particular,
desde que foron creadas ata que chegaron ao Museo. Punto de encontro: na entrada
do museo á hora do comenzo de cada visita. Acceso libre e gratuito. Pases: 17:30h, 18:00h, 18:30h, 19:00h e 19:30h.
Do mesmo xeito, durante a xornada poderanse visitar as exposcións temporais que ofrece o museo, como a presentación dos Novos depósitos do Museo Nacional del Prado, a mostra fotográfica Cámara Barroca ou a colección de litografías realizadas por Ali Ali pertencentes ao libro Suleiman e Salúa a partir do cal se desenvolve un obradoiro de grabado para rapaces.Desenvolveránse tamén as actividades da programación anual do museo así como outras especiais concertadas para ese día:ás 17h unha viista especial para s Fundaciçon Juan Soñador e ás 18:30 o obradoiro de debuxo A copia do natural.
19 de
maio de 2012
O Museo de Belas Artes
súmase á celebración europea da Noite dos Museos, o 19 de maio de 2012, que
anuncia e complementa o Día Internacional dos Museos: o museo abrirá gratuitamente e de forma excepcional desde as 20:00 ata
as 24:00 horas, tempo durante o cal se ofrecerá ao público que se achegue ao
museo as seguintes actividades
extraordinarias:
19:00-20:30 _ Arte en familia (obradoiro para familias con nenos a partir de 5 anos)
Coñeceremos sorprendentes historias sobre
seres mitolóxicos que farán bulir a nosa imaxinación. Despois, no obradoiro,
deberemos acceder ao oráculo, seguir a súas insólitas propostas e resolvelas a
base de creatividade. Inscrición gratuita, previa presentación no mostrador do museo 15
minutos previos ao inicio da actividade.
20:00-20:45_ Obras con historia (visitas
guiadas). Percorrido
temático destinado a todos aqueles visitantes que se acheguen ao Museo para
facer una aproximación totalmente orixinal a unha serie de obras significativas
e pertencentes a diferentes épocas e estilos, para coñecer a súa orixe,
significado e función, facendo un especial fincapé na súa historia particular,
desde que foron creadas ata que chegaron ao Museo. Punto de encontro: na entrada
do museo á hora do comenzo de cada visita. Acceso libre e gratuito.
21:00 _ Jazz no museo: Concerto de jazz a cargo do grupo invitado FRIKTONE
Concerto de jazz para o público en xeral no
salón de actos do museo, que correrá a cargo do grupo invitado Friktone, trío
formado por músicos procedentes de diversos estilos: Fito Ares (A Coruña)-Saxo
y Flauta, Risto Vuolanne (Finlandia)–Contrabajo, Fernando Lamas (A
Coruña)-Batería.
Acceso libre ata completar a capacidade do
local.
22:30 e 23: 15 _ Visitas máxico-guiadas (coa participación do mago Martín Camiña)
Francoise Lafayete, presentador de circo e
buscador de rarezas, guiará aos visitantes a través da maxia que se agocha en
cada recuncho do Museo, un enclave cheo de segredos e sorpresas…
Acceso libre, previa presentación no
mostrador do museo 15 minutos previos ao inicio de cada pase. Pases: ás 22:30 h e ás 23:15 horas.

A NOITE DOS