DÍA E NOITE DOS MUSEOS
Actividades para a celebración do Día Internacional dos Museos e da Noite dos Museos
Feliz DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS!
Este ano traemos unha programación especial para a NOITE DOS MUSEOS, o sábado 23 de maio, con visitas guiadas á colección, obradoiros en familia e concerto. Ademais, teremos apertura extraordinaria ata as 23:30 horas.
Tomade nota dos horarios!
Tedes toda a información das actividades na nosa páxina web.
Agardámosvos!
#DIM2026 #MuseodeBelasArtesdaCoruña