Día Internacional dos Museos

O Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional dos Museos e a Noite dos Museos cunha programación especial que inclúe xornada de portas abertas, visitas guiadas á exposición Picasso branco no recordo azul, apertura extraordinaria o día 20 ata as 23:30h e unha instalación lúdica na praza exterior do Museo.


Día Internacional dos Museos

Visitas guiadas á exposición Picasso branco no recordo azul

Horario: 17:00 h, 18:00 h e 18:30 h.

Inscrición:

  • Todas as actividades son de balde previa inscrición a partir do luns 15 de maio ás 10:00 h e ata o martes 16 de maio ás 14:00 h.
  • A inscrición está limitada a 2 persoas por correo electrónico.
  • A inscrición realizarase enviando os seguintes datos ao correo electrónico actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal:
    • Nome e apelidos das persoas
    • E-mail
    • Teléfono de contacto
    • Hora da visita seleccionada, ás 17:00 h, 18:00 h ou 18:30 h. 
  • O envío destes datos non garantiza a reserva de praza, é necesario recibir confirmación por parte do Museo.

 

Noite dos Museos

Data: 20 de maio

- Horario especial de apertura do museo ata as 23:30h

Picasso infinito, de 19:00 a 22:00 h. Unha instalación lúdica participativa para todos os públicos. Tomando como punto de partida unha das obras do autor, invitamos a crear, recuperando o espazo público para o xogo.

Documentos:
Anexo Tamaño
dim_actividades_0.pdf 1.17 MB