EUGENIA OSTERBERGER. COMPOSITORA GALEGA. CONCERTO E SEMBLANZA BIOGRÁFICA
Xoves, 3 de abril de 2014, ás 18 horas no Museo de Belas Artes da Coruña
A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán organiza esta actividade, por primeira vez fóra da súa sede e en colaboración co Museo de Belas Artes, coa que pretende
recoñecer a figura de Eugenia Osterberger e aproximar ao público a súa
vida, produción musical e significación histórica dándolle a relevancia
que merece.
Rosario
Martínez, investigadora, fará a semblanza biográfica. Beatriz
López-Suevos Hernández, pianista, analizará a súa obra e a súa
relevancia na creación musical galega da época. Susana de Lorenzo,
soprano, daralle voz as composicións selecionadas.