EXPEDICIÓN

PRESENTACIÓN DO PROXECTO 2012

PRESENTACIÓN DO PROXECTO 2012Dirixido por Santiago do Val ChousaVenres, 2 de marzo, 20:00 horasMuseo de Belas Artes da CoruñaColabora: Asociación de Amigos do Museo O 2 de marzo de 2012 ás 20 horas celebrarase no salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña o acto público de presentación do proxecto de investigación arqueolóxica HATTUM VILCABAMBA 2012, co que se pretende culminar un proceso de trece anos de investigación, exploración e escavacións, dirixidas, por Santiago do Valle Chousa para poñer á luz a capital perdida do reino Inca, Vilcabamba a Grande.O proxecto HATTUM VILCABAMBA 2012 desenvolverase no distrito peruano de Vilcabamba en xuño e xullo de 2012. Proponse a escavación e posta en valor de restos significativos de Vilcabamba a Grande, incluíndo a casa do Inca, descubertos en anteriores; así como a realización de novas exploracións e prospeccións arqueolóxicas que nalgúns casos requirirán a colaboración de alpinistas galegos.Na presentación mostraranse imaxes dos restos da capital perdida inca de Vilcabamba a Grande descubertos nos últimos anos, así como o proxecto de escavación para 2012.En 2012 organizarase a primeira viaxe de turismo cultural e de aventura para coñecer o enclave da capital inca perdida, Hattum Vilcabamba.Máis información en:www.vilcabamba.netwww.vilcabamba.es