Exposición Antonio Tenreiro
Visitas guiadas
O Museo de Belas Artes da Coruña organiza visitas guiadas para grupos organizados á exposición Antonio Tenreiro (1923-2006)Esta actividade está dirixida a asociacións, colectivos, centros cívicos, organizacións veciñais... As visitas poderanse realizar entre o 15 de outubro e o 25 de novembro, previa reserva, en grupos de 15 persoas mínimo e un máximo de 25.
As visitas estarán guiadas polos educadores do museo, son gratuítas e teñen unha duración aproximada de 45 min.
Horarios
Pola mañá, entre as 10 e as 13 horas, de martes a venres.
Pola tarde, entre as 17 e as 19 horas, os martes, mércores e xoves.
Reserva
Teléfono 881 881 700 (de 9 a 14 horas)
páxina web http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?idi=contacto