EXPOSICIÓN PRORROGADA

O Museo de Belas Artes da Coruña anuncia a ampliación do período expositivo da mostra “Convidadas: Dúas miradas de Zuloaga" ata o vindeiro 23 de marzo de 2025.

O Museo de Belas Artes da Coruña anuncia a ampliación do período expositivo da mostra “Convidadas: Dúas miradas de Zuloaga" ata o vindeiro 23 de marzo de 2025.

A exposición inaugurouse o pasado 21 de novembro de 2024 cunha data prevista de finalización do 23 de febreiro de 2025, mais debido ao éxito e á boa acollida por parte do público visitante, con máis de 9.300 visitantes ata o momento, a dirección do Museo de Belas Artes da Coruña en colaboración co MNCARS acordaron prorrogar a mostra un mes máis, polo que permanecerá aberta ao público ata o próximo 23 de marzo de 2025.

Así mesmo, o Museo de Belas Artes da Coruña continuará a ofrecer as visitas guiadas para o público en xeral que teñen lugar os sábados ás 18:30 horas. A derradeira das visitas será o sábado 22 de marzo de 2025.

 

Información da exposición na web do museo

 

prorroga convidadas