Inauguración da exposición temporal " A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo"

ORGANIZA: Museo de Belas Artes da Coruña
LUGAR: Salón de actos do Museo
DATA: Xoves, 19 de xuño de 2025
HORA: 19:00h

Este xoves 19 de xuño de 2025, ás 19:00h, inaugúrase a mostra "A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo".

O Museo de Belas Artes da Coruña organiza esta mostra coincidindo coa dedicación do Día das Artes Galegas de este ano 2025 por parte da Real Academia Galega de Belas Artes á figura do artista Isaac Díaz Pardo.  A exposición está comisariada polo seu fillo Xosé Díaz Arias en colaboración co equipo técnico facultativo do Museo de Belas Artes da Coruña. O deseño expositivo corre a cargo de Xosé Luis Rey Barreiro.

O acto contará coa presencia do Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado pola directora do Museo de Belas Artes da Coruña, Ángeles Penas Truque e o comisario, Xosé Díaz Arias.


Máis información: A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo

Documentos:
Anexo Tamaño
inauguracion_diaz-pardo.jpg 350.86 KB