MANUEL COLMEIRO 1901-1999. Visitas guiadas
Visitas guiadas
O Museo de Belas Artes da Coruña organiza, a través do seu departamento de educación, un ciclo de visitas guiadas para dar a coñecer á exposición Manuel Colmeiro 1901-1999
Esta exposición recolle unha serie de pinturas e debuxos realizados por unha das figuras máis importantes e recoñecidas da plástica galega do século XX. Moitas das pezas expostas pertencen a coleccións privadas, polo que estamos ante unha oportunidade única para achegarnos á obra de Colmeiro.
VISITAS CON ENTRADA LIBRE
A visita non require reserva previa.
Os grupos formaránse desde 10 min. antes do inicio da visita, na porta principal do museo, por orde de chegada.
O número máximo de persoas por grupo é 25.
A visita durará, aproximadamente, 50 minutos.
A actividade é gratuíta.
Calendario de visitas:
2 OUTUBRO, XOVES - 19:00 h. 4 OUTUBRO, SÁBADO - 12.30 h.
9 OUTUBRO, XOVES - 19:00 h. 11 OUTUBRO, SÁBADO - 12.30 h.
16 OUTUBRO, XOVES - 19:00 h. 18 OUTUBRO, SÁBADO - 12.30 h.
24 OUTUBRO, VENRES - 19:00 h. 25 OUTUBRO, SÁBADO - 12.30 h.
VISITAS PARA GRUPOS
Destinadas a asocicións culturais e lúdicas, entidades asistenciais, centros cívicos, etc.
As visitas realizaranse preferiblemente de martes a venres pola mañá (de 10:00 h. a 14:00 h.); e pola tarde (de 17.00 a 20:00 h).
A visita durará, aproximadamente, 50 minutos.
A actividade é gratuíta.
Pódense reservar datas desde o 10 de setembro ata o 24 de outubro de 2014.
RESERVA DE VISITA PARA GRUPOS
Teléfono: 881 881 700, de luns a venres de 9:30 a 15:00.
Correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.es