#Museonacasa Reinterpreta unha obra!

ANIMATE E PARTICIPA co Museo Belas Artes da Coruña! #Museonacasa #Artencasa Apto para todas as idades.

 

CONDICIÓNS:

1. Selecciona unha das nove obras que o museo propón (ver vídeo).

2. Crea e interpreta a obra cos materiais ou técnicas que elixas dando a túa propia versión.

3. Envíanola cos teus datos ao correo: mu.belas.artes.difusión@xunta.gal

O prazo remata o 15 de maio.

Anunciaremos as obras seleccionadas o día 18 de maio, Día Internacional dos Museos, e subiranse á web oficial do Museo de Belas Artes da Coruña.

Subiremos algunhas das obras preseleccionadas para que poidades votar as que máis vos gusten!

Moitas grazas e non esquezas etiquetarnos nas túas creacións.

ANIMATE E PARTICIPA!!

#MuseoBelasArtesdaCoruña
#Museonacasa
#Artenacasa