Novos depósitos do Museo Nacional del Prado
NOTA DE PRENSALUGAR: Museo de Belas Artes da CoruñaDATA: 7 de febreiro de 2012HORA: 20:00 horasORGANIZA: Museo de Belas Artes da Coruña. Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. PRESIDE O ACTO: Sr. D. Xesús Vázquez Abad, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.PRESENTACIÓNO Museo de Belas Artes da Coruña presenta ás dez obras do novo depósito que o Museo Nacional del Prado fai para compensar o levantamento do depósito dos lenzos de Vicente Carducho.Os dez cadros que cedeu o Museo del Prado melloran de xeito notable a sección de pintura antiga do museo coruñés, non só pola calidade das obras, senón, tamén porque reforza o discurso expositivo da pintura do século XVII presente no Museo de Belas Artes da Coruña dende a súa fundación.Esta novo depósito permite ao Museo de Belas Artes da Coruña, por unha parte, contextualizar dúas das pezas máis importantes da súa colección: ás táboas de Rubens. Coa incorporación de O Amor durmido de Erasmus Quellinus II e A caída de Ícaro de Jacob Peter Gowy poténcianse ás obras de Rubens xa que tematicamente teñen unha relación directa. O cadro A apoteoses de Hércules de Jean Baptiste Borkens representa ao deus grecoromano que está vinculado co nacemento mítico da cidade da Coruña. Todas estas pezas formaron parte do programa decorativo que realizou Rubens para a Torre da Parada, pavillón de caza de Felipe IV.En canto ao xénero relixioso incorpóranse co novo depósito catro obras, dúas de Vicente Carducho, A ordenación de san Xoán de Mata e Primeira misa de san Xoán de Mata, e outras dúas de Francisco Rizi, A Visitación e A Presentación de Xesús no Templo. Pola súa parte o xénero do retrato vese potenciado na colección do museo coa incorporación dos retratos de Margarita de Austria, raíña de España de Juan Pantoja de la Cruz e o de Mariana de Austria de Frans Luyck. Por último destacar a obra Xogadores de naipes de Theodoor Rombouts que incorpora a pintura de xénero, unha temática inexistente na súa colección permanente e que tivo un enorme desenvolvemento durante o barroco. AS OBRASGowy, Jacob Peter"A caída de Ícaro"1636 – 1637Óleo / Lenzo195 x 180 cmQuellinus II, Erasmus"O Amor dormido"1636 – 1637 Óleo / Lenzo81 x 98 cmBorkens, Jean Baptiste"A Apoteoses de Hércules"1636 – 1637Óleo / Lenzo189 x 212 cmCarducho, Vicente"San Xoán de Mata renuncia ao doctorado e aceptao logo por inspiración divina"1634Óleo / Lenzo240 x 234 cmCarducho, Vicente"Ordenación e primeira misa de san Xoán de Mata"1634Óleo / Lenzo239 x 196 cmRizi, Francisco"A Presentacion de Xesús no Templo"ca.1663Óleo / Lenzo206 x 290 cmRizi, Francisco"A Visitación"ca.1663Óleo / Lenzo206 x 290 cmJuan Pantoja de la Cruz“Margarita de Austria, raiña de España”1607Óleo / Lenzo112 x 97 cmLuycks, Frans"Mariana de Austria"ca.1647Óleo / Lenzo177 x 116 cmRombouts, Theodoor"Xogadores de naipes"ca.1627Óleo / Lenzo100 x 223 cm